27 xuño 2014

O noso Orgullo NON se vende, por unha visibilidade LGTBI real!



O colectivo LGTBI, nós, nunca debemos olvidar a nosa historia, o noso pasado, o noso legado. O colectivo LGTBI sempre terá que loitar polos seus dereitos, para defender o acadado e para seguir avanzando, como todos os colectivos. Nos tempos que corren, só podemos aspirar a unir as loitas, algo completamente necesario para derrubar ao Réxime e ao heteropatriarcado.

Posicionamento de ALEAS-EU en relación á situación do Orgullo LGTBI na Coruña


Denunciamos a marxinación aos colectivos LGTBI por parte do Concello da Coruña e a súa persistencia no empeño de facer un Orgullo baleiro de contido e baseado en estereotipos caducos e excluíntes


O vindeiro sábado, 28 de xuño, terá lugar un ano máis o día do Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais), unha xornada reivindicativa dos dereitos e liberdades do colectivo, na que non todas as persoas poderán participar, pois recordemos que aínda hoxe en 77 países do mundo ser homosexual se considera un crime. Por este motivo dende ALEAS-EU queremos recordar que son máis os retos de futuro que os logros acadados nesta materia, e que aínda sendo esta unha reivindicación festiva non se pode deixar de lado a protesta social.

20 xuño 2014

ALEAS federal ante o Orgullo LGTBI: Sen feminismo non hai Orgullo


Coa campaña federal de ALEAS apostamos por un Orgullo feminista, reivindicándonos como feministas, tamén na loita LGTBI.

 


Dende o inicio da mal chamada "crise" económica e do reaccionario goberno do Partido Popular (PP), as persoas LGTBI e, especialmente, as mulleres LGTBI, vimos sufrindo unha avalancha de recortes en dereitos e liberdades que poñen en cuestión a calidade democrática do sistema no que vivimos. Pola nosa banda, seguimos preparando día a día a resposta ante o recorte dos nosos dereitos reivindicando un Orgullo feminista.